Calendario programación de conciertos del Playa Club Coruña

Conoce toda la programación de conciertos, fiestas y eventos del Playa club.

Cargando Eventos
COMPRAR ENTRADAS

AGENDA

Evento : MOURA e A Irmandade Ártabra + Caldo
Ciclo : Conciertos de Retroalimentación
Lugar : Playa Club Coruña
Fecha : Sábado 25 de Abril de 2020
Puertas : 22:30 h.
Concierto : 23:00 h.
Entradas : Anticipadas 10€ + g.g. en Ummagumma y Eventbrite / Taquilla 13€
Menores : Solo está permitido el acceso a menores de edad que en la fecha del concierto tengan cumplidos los 16 años. Las personas con 16 y 17 años deberán acceder acompañados de su tutor legal, y con la autorización del mismo. Al terminar la actuación los menores deberán abandonar el local.

Descargar Autorización

A partires de sons foráneos como a psicodelia e o rock progresivo, esta banda coruñesa reivindica a herdanza druídica da cultura galega, que bebe directamente das tradicións pagáns dos celtas, dos ritos e da mitoloxía da era precristiá. A súa adhesión á terriña perfílase en trazos contundentes, sen renegar do folk pero distanciándose dos referentes esotéricos que, dun tempo a esta parte, se convertiron en lugares comúns dentro do xénero.
Nese sentido, a súa proposta musical inspírase no enfrontamento entre o novo e o vello, evocando lendas ancestrais que os sitúan nun territorio rural e inhóspito, lonxe das grandes urbes, da civilización e o seu dominio tecnolóxico. Unha contorna agreste dominada pola presenza da Natureza como ameaza literal e metafórica, un lugar que alberga espíritos que asexan ao home, presenzas perigosas e indefinidas que poden ter ata unha orixe cósmica.
A medio camiño entre as atmósferas feéricas de Arthur Machen e o lirismo de Eduardo Pondal, MOURA despregan un aquelarre eléctrico que aspira ao transo e nos convida a bailar arredor da cacharela. A petar nas portas dese mundo subterráneo sobre o cal camiñamos e que temos esquecido. En certo modo, ofrécennos unha chave que nos achega ao que somos e non queremos ver.